Procesión y misa del Carmen en el Puerto de Vigo

Oferente: Dª Elvira Larriba. Dtora. Stella Maris Vigo

VIRXE DO CARMEN, SEÑORA NOSA, ESTRELA DOS MARES

É unha profunda honra que a comunidade marítima de Vigo pensara en Stella Maris para facer esta Ofrenda, e teño o precioso encargo de facerche chegar en nome de todos, unha homenaxe de agarimo e devoción.

O próximo ano 2025 cumpriranse en España 100 anos de compromiso da Igrexa co benestar, a promoción humana e o crecemento persoal, profesional, emocional e espiritual dos mariños e pescadores. Quero lembrar aos homes e mulleres que, seguindo o exemplo de humanidade de Cristo, sostiveron coa súa entrega xenerosa o labor do Apostolado do Mar, hoxe Stella Maris, neste Porto de Vigo.

Algúns dos que nos reunimos hoxe diante Túa, lembrarán ao Pai Cameselle, “patrón de litoral” titulado, que traballou en barcos de pesca como sacerdote durante 12 anos. Ao Pai Esquivel, embarcado nos buques bacaladeros “Fonte Fría” e “Santa Rita” en augas de Terranova e Labrador. Ao Pai Aramburu, capelán do transatlántico “Begoña”, que conectou con tripulacións de medio mundo, ofrecéndolles a súa proximidade, amizade e axuda.

Moitos máis coñecerían a Cristina de Castro e María del Carmen Groba e a tantos outros fillos bos que, alimentados por unha fe profunda e unha gran devoción cara a Ti, Virxe María, esforzáronse en ser un faro de esperanza en momentos de dificultade para moitos mariños e as súas familias, convencidos do poder da caridade e a solidariedade para inspirar e transformar vidas.

E o noso querido D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo e administrador apostólico da diócese de Tui-Vigo, e promotor de Stella Maris en España, que ao encargarnos o labor de Stella Maris fíxonos comprender a profundidade do seu contido apostólico e humano e o prendida que está a devoción á Nosa Señora a Virxen do Carmen nas xentes do mar. D. Luis ten sempre presente á comunidade mariñeira, busca sempre estar preto dela, e acompáñaa e anímaa co agarimo dun pai. Estamos seguros de que o seguirá a facer alí onde o leven as súas novas obrigas.

Reunímonos hoxe diante de tí, Raíña dos Mares, coa devoción e a alegría da túa festa, todos os sectores do traballo no mar e as súas familias: pescadores, traballadores portuarios, mariños da Armada, conserveiros, mariños mercantes e os que gozan do mar en momentos de lecer.

Queremos que a nosa OFRENDA sexa, en primeiro lugar, de GRATITUDE:

  • porque guías aos mariños nas súas viaxes polo mar e os apoias nos seus momentos de necesidade, e eles saben que poden recorrer a ti e dáslles forza para defender o que é xusto.
  • porque os protexes e mantés a salvo cando saen da seguridade dos portos e os levas a casa sans e salvos coas súas familias.
  • porque estás ao seu lado en momentos de preocupación, de enfermidade, e fortalécelos cando están cansos.
  • porque dás ás súas familias temperanza na incerteza, paciencia na espera, xenerosidade na ausencia e esperanza nas dificultades.

AXÚDALLES SEMPRE, NAI,

COA TÚA MISERICORDIA INESGOTABLE.

QUE SAIBAN EN TODO MOMENTO

 QUE O TEU AMOR LLES SOSTEN.

OFRECÉMOSCHE tamén, Virxe do Carmen, a nosa PROMESA:

  • de facer o posible porque, alí onde se tomen decisións de moita transcendencia para o sector marítimo, se poñan sempre por diante as necesidades das persoas e das súas familias; incluída a conciliación da vida persoal e laboral.
  •  de mellorar as condicións de traballo e a seguridade das tripulacións.
  • de combater xuntos e levantar a voz para denunciar a trata de seres humanos, o traballo forzoso, a pesca ilegal, a piratería e as guerras que persisten en moitos mares afastados do mundo.
  • de loitar por un sector pesqueiro que sexa social, ambiental e comercialmente sostible.
  • de ser bos administradores dos nosos océanos como signo do noso amor á creación de Dios e ao mundo en que vivimos.

Nosa Nai, acolle a esta OFRENDA DE DEVOCIÓN e o noso homenaxe agarimoso:

  • Hoxe somos todos un. Estamos diante de Tí, con corazón xeneroso e alegre, para unirnos neste momento de oración e celebración da Eucaristía, e mostrarche a nosa fe no teu Fillo e o noso compromiso con Deus.
  • Grazas polo don de ser os teus devotos, de levar a túa imaxe, de seguir o teu exemplo, de buscar o teu amparo.
  • Fai que ao longo deste ano, ata que nos volvamos a atopar o día da túa festa, teñamos presentes estas ofrendas que hoxe che facemos da nosa vida diaria, para poder achegarnos máis a Deus e fortalecer a nosa relación con el.

Intercede, Nai de Esperanza:

  • polos que deixaron a súa vida na mar, para que gocen da vida eterna ao teu lado e as súas familias atopen en Ti o seu consolo. Concédenos que o recordo de todo o bo que fixeron nesta vida nos sirva de exemplo, e non o esquezamos xamais.
  • polos que buscan no mar a ilusión do seu futuro e o das súas familias.

VELA, ESTRELA DOS MARES, POR ESTA COMUNIDADE DE MULLERES E HOMES DE BOA VONTADE QUE HOXE, DIANTE DO TEU ALTAR, OFRÉCENCHE AS SÚAS SINCEIRAS INTENCIÓNS E LEAL DEVOCIÓN.

TOMA NAS TÚAS MANS, SANTA MARÍA,

AS HUMILDES E CONFIADAS PALABRAS DESTA OFRENDA

DA COMUNIDADE MARÍTIMA DE VIGO

QUE CHE VENERA E CHE QUERE;

PARA QUE DAS TÚAS MANS

O SEÑOR AS RECÍBA MÁIS COMPRACIDO.

VIRXE DO CARMEN, PREGA POR NÓS !

Scroll al inicio